Victoria do equipo A diante do Silleda B, que viña de poñer en apuros tanto ó EF Lalín A(4-5) como ó Sp. Estrada(5-3), rivais dos nosos no loita polo liderato.
Pero os nosos pequenos, a pesar de ser xustos polas baixas de Gus, M. Anxo e Nico, golearon ó equipo silledense que amosou moi boas maneiras co balón, con bos regates, tirando paredes...equipo a ter en conta para vindeiras campañas.
Alberto erixiuse no protagonista do encontro marcando 5 goles dos 11 tantos do noso equipo que este fin de semana aplaza o seu partido diante do Sporting B ata o vindeiro mércores día 19 ás 18.45 horas.
Os equipos B e C pola súa banda sufrían sendas derrotas nas visitas a Figueroa e Cruces.
Os rapaces de Iago fixeron unha moi boa primeira parte aguantando ó Sporting A e sendo quen de quitarlle o balón durante moitos momentos a pesar da diferencia de corpo. Pero na segunda o equipo local aproveitaba calquera balón parado para presionar aos nosos, crear ocasións continuas e acabar levando 3 puntos. Pablo e David fixeron os tantos dos nosos benxamíns de primeiro ano.
O equipo de Xoel e Edu acusou as baixas no desplazamento ó Camballón e sufriu unha dura derrota. O mal tempo, a falta ós adestramentos durante o Nadal e a ausencia de 3 dos defensas do equipo pasou factura e o Cruces levou o partido sen apenas oposición. Lucas fixo o tanto da honra dos nosos que deben olvidar este encontro e pensar xa mesmo no seguinte.