28 dic 2010

Torneo Nadal.

Domingo intenso de fútbol o que viviron as nosas categorías alevín e benxamín nas instalacións de A Madroa no torneo de nadal organizado pola Fundación do R.C. Celta.

Os alevíns non puideron completar o pase á segunda ronda pese a comezar o torneo con victoria por 1-0 diante de La Base. Sen embargo, o grupo resultou ser un dos máis complicados e no segundo e terceiro encontro os nosos acabaron sendo derrotados por 2 bos equipos, o primeiro 3-0 diante do Erizana e o último 1-5 sendo o contrario O Condado.

Pese a todo boa impresión a deixada polos rapaces de Neira que seguen amosando melloría cada semana que pasa.


O equipo benxamín completou un gran torneo só empañado pola mala sorte nas rondas eliminatorias.

Comezaron os nosos vencendo claramente por 3-0 ó equipo de Mos, bo fútbol e fácil victoria. No segundo encontro o rival era o Casablanca, e cando todo parecía feito cun 3-1 a favor, 3 minutos de falta de intensidade e o contrario conseguía empatar.
O seguinte rival era o favorito do grupo, a EF Porteiro 2000 que amosou boas maneiras e venceu 2-0 nun encontro no que os nosos repartiron os minutos entre os 15 rapaces e pese a todo non perderon a cara ó partido en ningún intre. Así que todo quedaba para o último partido, había que gañar e os nosos rapaces non deron opcións ó Independiente: 3-0 con moita superioridade, de novo tódos contaron con minutos e sen conceder ocasións.

E chegaban as eliminatorias, 8 equipos clasificados e nós entre eles. O rival de turno era o Alerta Traviesas que viña de arrasar no grupo, así que presumíase moi complicado. Pero os nosos nenos completaron un partidazo de fútbol e gañas. Alberto, ata en 3 ocasións, puido darnos vantaxe na primeira parte na que Jonathan era un espectador máis. As cousas seguiron igual na segunda metade, moita igualdade pero os nosos con certa superioridade, moitos corners a favor e nun deles balón ó pao... Pero cando parecía que chegaban os penalties, falta lonxana pegada con moita forza que se lle escapou a Jonathan das mans e 1-0 en contra máis que inxusto e partido rematado.

Sen embargo, quedamonos coa loita e compañerismo dos 15 nenos desplazados, que amosaron que os 3 equipos benxamíns compiten e reman na mesma dirección.
Noraboa ós nenos polo torneo feito. A ben seguro que algún dos nosos chamou a atención polo seu xogo...e moito.