7 dic 2010

Cadetes

Dous partidos en 2 días para o equipo cadete que só foi capaz de sumar un punto.
O domingo visitabamos ó Cía María nun partido marcado pola choiva e pola piscina na que se convertiu ó campo de As Cancelas. Falta de tensión e poucas gañas e o partido costa arriba cun 2-0 en contra e diante dun equipo que só facía perigo con balóns longos.
A segunda metade os nosos puxeron máis empeño e puideron acabar levando o partido tras os goles de John e Fon pero no que pasou factura a primeira parte de apatía.

Onte o rival de turno era o Villestro co acabamos empatando a 2-2. Melloraron os nosos con respecto o día anterior e só unha xogada moi polémica en contra impediu que os rapaces trouxeran os 3 puntos. Rubén e John marcaron os tantos visitantes nun partido igualado e disputado.

Por certo que o equipo cadete leva unhas semanas dirixido por Benito á espera da recuperación de Patxi, ó cal desexamos ver pronto de novo con nós. Un abrazo Patxi!