26 nov 2010

Prebenxamíns.

Cun par de semanas de retraso damos conta do inicio das competición dos nosos pequenos...os prebenxamíns.De novo competindo en fútbol sala na liga que organiza cada ano a asosciación de veteranos de Santiago.
Todo un espéctaculo estos rapaces, sen dúbida, os máis agradecidos de todos pola ilusión e gañas que poñen.

Os Pre de segundo ano están dirixidos por Marcos e veñen de golear o rival de turno no primeiro encontro da competición, 7-0 co que os nosos amosan que hai mimbres....e futuro, moito futuro.

Os Pre de primeiro ano levan 2 partidos disputados e os 2 con derrota, pero non debe levar a engano...algúns dos rapaces que ali compiten non contan coa idade pois son, como se di agora, "minis"(nados no 2005)e espectáculo dan de sobra. Os seus adestradores, Esteban e Rubi, dan boa fe de isto. Recomendamos ir a velos, xa sexa adestrar ou xogar...