18 nov 2010

Infantil

Tras a inesperada derrota sufrida na xornada anterior, o noso equipo infantil voltou á senda do bo xogo e esto troixo consigo unha nova victoria, neste caso diante do equipo do Cacheiras.
Como en xornadas anteriores, os nosos dominan o partido completamente e créanse multitude de ocasións que en moitos casos non se materializan, circunstancia que co paso dos minutos comenza a traer certo nerviosismo e prisas nos rapaces. O primeiro gol fíxose esperar ate os vinte minutos, tempo no que xa se desperdiciaran outras clarísimas ocasións. Siguen chegando máis oportunidades que si se aproveitan, para chegar ó remate da primeira parte con un 3 a 0 para os nosos, os tres por medio de José.

Na segunda parte sigue a mesma tónica de dominio e ocasións para o Callobre conseguindo José outros tres e cerrando Léxis a goleada con outro máis, marcando eles o seu gol nunha xogada aislada ante o que o noso porteiro Adrián nada tuvo que facer.

Cabe resaltar a entrega e bo xogo de todos os que participaron no partido, pero nesta xornada mención especial merece Dani Aller, que en todas e cada unha das súas xogadas estaba recuperando para a partir de ahí xunto con Rafa comenzar a construir as nosas.

A seguir nesta línea que de seguro que seguirán chegando novas alegrías