10 nov 2010

Infantil

A cuarta xornada de liga trouxo a primeira derrota da temporada para os nosos rapaces infantiles este sábado pasado en San Martiño.
Xa dende os primeiros compases do partido se veu que non ía ser o día dos nosos, moi agarrotados, con un xogo moi embarullado e con esa falta de coordinación que se desplegou en xornadas anteriores. A primeira parte foi de dominio do Callobre non conseguindo o Ames acercarse prácticamente máis alá do medio campo. Pero ese dominio do partido noso non se traducía en ocasións de gol salvo un disparo de Léxis ó poste e dúas ocasións que solventou o seu porteiro.
Comenza a segunda parte e os nosos rapaces poñen máis ímpetu dominando pero na mesma línea da primeira parte, conseguindo por fin José un gol de suspense despois de superar o balón ó porteiro entrando mansamente na súa portería. O que parecía que nos daría a tranquilidade da que non dispuxemos non foi máis que un parecer, xa que seguimos na mesma tónica. Eles, gracias a una falta directa e a una contra ven levada coa axuda do brazo, nas súas únicas chegadas á nosa portería marcaron dous goles ó porteiro debutante Sebas o que lle supuxo os tres puntos, quizá inmerecidos polos méritos feitos.

Tras este inesperado tropezo non queda máis que levantarse e mirar para diante, intentando non volver a cometer os mesmos erros, ánimo e implicación a todos para que en xornadas vindeiras volvamos á senda da victoria que non deberíamos haber deixado.