16 nov 2010

Benxamín.

Derrotas dos equipos B e C nas visitas á Lalín e Silleda.
O equipo de Iago non puido facer frente á un Lalín A moi superior físicamente con rapaces de segundo ano e un dos favoritos ó título. Pese a todo os nosos deron a cara e amosaron moi boas maneiras ó longo do encontro. Pablo foi o autor dos goles dando mostras da calidade que todos sabemos que ten. A seguir nesa liña.

O equipo C pola súa banda non tivo un bo día en Silleda e caía derrotado por 2-0. Varios erros defensivos e a falta de precisión en ataque impediron traer un bo resultado no que foi o encontro máis frouxo da tempada. A levantar o ánimo que as victorias volverán a aparecer.


Sufrida pero meritoria victoria do equipo benxamín A no derbi frente ó Sporting Estrada A disputado o pasado sábado en San Martiño.
Ambos equipos chegaban ó encontro sendo os únicos invictos do grupo, con tódolos partidos por victorias pero cos nosos diante pola diferencia de goles así que se esperaba un bonito encontro. Sen embargo o temporal non axudou, o terreo de xogo púxose impracticable pero só coa emoción do resultado valeu a pena acudir ó campo.
Mandaron os nosos durante toda a primeira metade na que dominaron ó Sporting, tratando de tocar o balón e aproveitando as subidas de Miluco pola banda esquerda. Sen embargo o gol non chegaba e nunha falta moi lonxana o equipo visitante poñíase por diante. A base de empuxe e boas xogadas os nosos pequenos conseguiron empatar cun gol de rebote de Adrián e así chegouse ó descanso.
A segunda metade foi máis igualada, o Sporting conseguía ter máis o balón pero os nosos seguían a contar coas ocasións máis claras. Alberto, M. Anxo ou Gus puideron poñernos por diante pero foron de novo eles os que se adiantaron tras un erro na circulación de balón da defensa. Pero ahí apareceu Gustavo, que con 2 goles tras 2 bonitas xogadas de equipo, para facer xustiza e poñer o 3-2, se ben é certo que o equipo verde amarelo puido facer antes o terceiro nunha contra que desvarataba M.Anxo xusto antes do que seu dianteiro tirara. Os últimos 3 minutos foron de moito sufrimento, cos rapaces moi nervisos e co Sporting achuchando...pero cun grato final que deixa ós nosos líderes en solitario.
Noraboa rapaces, non polo liderato, senón pola forma de xogar e o esforzo. Pena dun campo en condicións que nos favorecería moito máis que ó resto dos equipos...

Non queremos facer distincións e esta felicitación é conxunta, os nosos benxamíns adestran todos xuntos como se foron un equipo só. Así que este liderato é dos 35 rapaces que agora mesmo teñen ficha. Noraboa a tod@s e a seguir así.