Victoria contundente do equipo A benxamín que recíbía na terceira xornado ó Cruces que chegaba como un dos invictos do grupo.
O temporal impediu ver un gran partido pero os nosos rapaces non deron opción ó equipo cruceño e acabaron impoñéndose por un claro 7-0 no que Jonathan, o noso porteiro, apenas tocou o balón. Adrían, con 4 goles, Alberto (2) e Miluco foron os autores dos tantos. Esta semana desplazamento a Lalín o Domingo para xogar co equipo C dos dezáns.
Os outros dos equipos benxamíns vivían o primeiro derbi en San Martiño. Partido de emoción, goles e alternativas que puido caer para calquera dos 2 bandos pero que finalizou cun empate xusto (5-5). Anxo e Dani foron os protagonistas do encontro cun hattrick cada un, anotando tamén Lucas e Mauro para o equipo C e Rafa e Vitor para o equipo B. Puido o resultado ser favorable o equipo de Xoel e Edu pero Sergio, porteiro dos B, desvarataba no último segundo un man a man con Anxo. Noraboa os dous equipos polo partido ofrecido.