Victoria do equipo cadete que suma 6 puntos en dúas xornadas.
Difícil rival atoparon os rapaces de Patxi no Cruces que vendeu moi cara a súa derrota. Conseguiron os cruceños adiantarse no marcador na primeira metade nunha das súas escasas oportunidades ó longo do encontro e non foi ata a segunda metade cando os nosos rapaces a base de bo xogo e loita conseguían igualar e finalmente remontar no tempo de desconto. Iván, nunha boa xogada persoal, e José fixeron os tantos do encontro.
Noraboa, a seguir así.