Bo comezo do equipo cadete dirixido por Patxi que conseguiu traer os 3 puntos da súa visita a Santiago.
Empezaron ben as cousas cos nosos mandando no xogo e tamén no marcador. Cristian, ós 10 minutos, poñía por diante ós nosos tras aproveitar un rexeite do porteiro. Pouco despois era Claudio, unha das novas incorparacións, o que poñía o 0-2.
Sen embargo a falta de tensión no inicio da segunda metade permitiu ó equipo local meterse no encontro e facer o 1-2. Pero de novo Claudio facía o 3º.
O 2-3 conseguido polo Bodegón Arzúa e a expulsión de Jon fixeron dos últimos minutos un auténtico pesadelo que Fabio se encargaou de solventar.
Noraboa.