22 oct 2010

Benxamín

Empezou a competición benxamín que deparou un balance de 2 victorias e unha derrota para os nosos.

O equipo C, dirixido por Edu e Xoel, quedou cos 3 puntos na visita da EF Lalín C (5-1) que non foi quen de facer fronte a un equipo formado por unha mezcla de rapaces de primeiro e 2º ano, algún dos cales compite por primeira vez, caso de Lucas, Raúl, Mauro ou Samuel. Bo partido, bo debut e boa victoria. Este sábado chega o Sp. Estrada, sen dúbida, un rival dos de maior nivel da liga.

Pola súa banda, ,o equipo de Iago, o benxamín B, caía derrotado na visita a Silleda que aproveitou os despistes xenerais dos primeiros minutos para coller vantaxe. Finalmente os nosos fixéronse co partido e acabaron arranxando un pouco marcador. Non preocupa a derrota, sabemos que hai bos mimbres nun equipo, no que salvo Sergio que ocupa a portería, é todo de primeiro ano.(8-4)

E por último, o equipo A desfíxose do Sp.Estrada B que apenas opuxo resistencia ós nosos. Moita posesión de balón, moitas ocasións e partidazo do porteiro do Sporting que fixo paradas de moito mérito. Bo comezo do equipo benxamín de segundo ano que deberá apretar os dentes para loitar polos postos de arriba. Destacar os debuts de Gustavo e Nico que aportarán moito ó equipo.(6-1)