Despois de caer derrotados a semana pasada diante do Sp. Estrada, claro favorito ó titulo, os alevíns de Neira disputaban este domingo a terceira xornada de liga na que se atoparon como rival ó Cruces.
Tratan os nosos rapaces de tocar ó balón continuamente o cal se agradece dende fóra pero non estamos tendo sorte á hora de finalizar. Foi un partido de alternativas, no que o equipo cruceño conseguiu adiantarse 2 veces no marcador pero no que os nosos conseguiron empatar e contaron con opcións de levar os 3 puntos. Sen embargo, só Nacho conseguiu acertar coa portería en 2 ocasións.
Este fin de semana o rival será o San Mamede nun partido que se dipustará o vindeiro venres ás 7 da tarde.