20 ago 2010

TEMPADA 2010-2011

Xa coñecemos o inicio de tempada para tódolas categorías do noso equipo.
No que se refire a categoría senior será o vindeiro domingo día 26 de setembro cando o equipo de David afronte o seu primeiro partido do campionato, nunha liga de tan só 10 equipos pero que terá como principal novidade o feito de que se disputará a 3 voltas.

O equipo xuvenil, que tivo o pasado martes a súa presentación, debutará o día 9 de outubro no campo de San Martiño diante do recén descendido Val do Ulla.

O equipo cadete afrontará o domingo 17 dese mesmo mes o inicio ligueiro enfróntándose co Bodegón Arzúa de Santiago.

Un día antes empezarán a competir os rapaces en idade infantil que terán como rival ó Xuv. Oroso B nun partido a disputar en San Martiño.

O equipo alevín, pola súa banda, terá o seu debut diante do Touro. Será esta competición a máis madrugadora comezando o día 19 de setembro, polo que os rapaces adestrados por Neira, están a piques de iniciar a súa pretempada.

E por último a categoría benxamín, na que ó noso clube tivo que dar de alta a un novo equipo pasando a ter un conxunto "C". O inicio de competición será o 16 de outubro e os rivais o Sporting B, EF Lalín B e Silleda B respectivamente.