Continúa o inicio da pretempada dos nosos equipos, logo de arrancar os equipos senior e xuvenil, comezaron tamén os adestramentos para o conxunto cadete, adestrado novamente por Patxi, e tamén para os alevíns, dos que se encargará Neira.
Ademáis este sábado disputárase en San Martiño un partido amigable senior entre o Callobre e o Estudiantil de Loimil, recén ascendido a 1ª Autonómica e, pese a isto, chamado a ocupar os postos altos da clasificación e loitar polo ascenso a Preferente.