Derrota do equipo xuvenil na copa do Sar diante do Silleda polo que remata a súa andaina na competición. O feito de xogar ó día seguinte na fase condicionou por completo o encontro no que Dani votou man do equipo cadete para intentar dar a volta ó 3-1 da ida. Pero a pesar do bo encontro dos cadetes non houbo sorte quedando finalmente eliminados (0-1).
Pero o prato forte do fin de semana era o partido diante do Trazo, o inicio da fase de ascenso na tarde do Domingo. Empezaron ben as cousas cando Jorge, nunha xogada de estratexia poñía o 1-0. A partires de ahí dominio alterno pero sen apenas ocasións para ningún equipo.
Na segunda metade saíron os nosos moito máis fortes e así Sergi, cun cabezazo ó longueiro puido facer o 2º. Foi finalmente Yván, despois dunha gran xogada de equipo o autor do tanto que parecía daría a tranquilidade. Pero nada máis lonxe da realidade, 5 minutos de desconcerto total e o equipo coruñés conseguía acada-lo empate tras un balón á espalda da defensa e unha serie de rechaces tras unha falta. Intentárono os nosos ata o final pero non houbo premio. A vindeira semana hai que gañar na Pobra e agardar á 3ª xornada para ver que ocorre.