3 jun 2010

I Torneo Alevín / Benxamín Callobre c.f.

Durante toda a xornada do sábado terá lugar o I Torneo Benxamín/Alevín que se disputará no campo de San Martiño.
O feito de ter que esperar ó sorteo da fase de ascenso xuvenil así como a participación dos mesmos na copa do Sar, fixo que ata esta semana non puideramos confirmar a disputa do Torneo pola dispoñibilidade do campo. Así finalmente durante estos días acabouse de completar o cartel.

Na categoría alevín serán 5 os equipos que compitan:
- At. Fátima.
- Cruces.
- Lesende.
- Sp. Estrada
- Callobre c.f

No que se refire á categoría benxamín os equipos participantes son os seguintes:
- Lesende.
- Cruces.
- Sp. Estrada.
- Callobre c.f.

As 2 categorías disputaranse en forma dunha liguilla que dará paso á semifinal e final.
Esperamos disfrutar dun día completo de fútbol.