Chega o final de tempada e con el a tradicional comida de xogadores, directivos, socios e afecionados en xeral do noso clube.
Será este domingo día 13 de xuño no campo de San Martiño, con actividades no terreo de xogo ó longo de todo o día e con sorteo de regalos para todos os participantes.
Esperamos que a festa se desenrole coma nos últimos anos: bo ambiente e moito fútbol para despedir unha tempada longa para uns e moi curta para outros.
¡Esperámosvos!