19 may 2010

Xuvenil. Copa do Sar.

Agónico pase do equipo xuvenil na primeira ronda da Copa do Sar na que decidiron os lanzamentos dende os 11 metros.
Tiñan que remontar os rapaces de Dani, dirixidos esta vez por David dende o banco, o 2-1 conseguido polo Cruces no partido de ida pero a falta de acerto a piques estivo de condenar ós nosos que conseguiron adiantarse no marcador pero que sufriron co empate cruceño.
Un novo tanto permitía igualar a eliminatoria e chegar a prórroga onde o resultado non se moveu. Andorrano e Bibi foron os autores dos goles.

E ahí apareceu Marcos que conseguía deter un dos lanzamentos e meter outro, dando o pase ó equipo xuvenil que agora terá enfrente ó Silleda que vén de eliminar ó San Mamede por un resultado global de 6-5.

Por outro lado, este xoves terá lugar a celebración do sorteo da fase de ascenso unha vez confirmada a mesma pola federación. Puebla e Trazo serán os rivais na búsqueda do posible ascenso.