Chegou a hora da verdade para o equipo xuvenil que se xogará tódalas súas opcións diante do Sp. Estrada na última xornada.
No encontro do pasado sábado, os nosos rapaces conseguían vencer por un axustado 1-2 no campo do Esclavitude. Esta vez foi Sergi o encargado de facer os 2 tantos que facían xustiza ó acontecido no campo e dando así o penúltimo paso no intento de alcanzar a segunda praza.
O Ortoño, rival dos nosos na loita por acadar a este praza, aprazaba o seu encontro ata este xoves polo que agora mesmo son os nosos os que ocupan o segundo lugar. Toca vencer ó Sporting e agardar un pinchazo do equipo coruñés que xoga nestes 2 encontros contra o Furia e o Milladoiro.
A 3ª plaza, que tamén pode dar dereito á xogar fase de ascenso, xa está confirmada pero queda o último empurrón.
Así que este Sábado ás 17.30 todos a animar ós nosos en San Martiño.