20 mar 2010

Cadetes.

Victoria do equipo cadete na penúltima xornada de liga nun encontro no que os nosos, a pesares de non realizar un gran encontro, amosaron ser moi superiores e non pasaron moitas dificultades para vencer ó San Lorenzo.
Xurxo e Tosar foron os encargados de poñer o 2-0 co que se chegou ó descanso e xa na segunda metade Brais, de cabeza, sentenciaba co 3-0. Unha xogada aislada nos derradeiros minutos permitía ó equipo visitante facer o tanto da honra.
Este domingo viaxe a Sar para despedir a tempada diante do Belvís.

Callobre c.f.: Manu, Iago, Detena, Fabio, Diego, Budiño, Tosar, Brais, Javi, Calvix e Xurxo.

Tamén xogaron: Cofán, Xian, Fon e Alex.