Continúa a senda de bos resultados do equipo xuvenil que conseguiu gañar o pasado fin de semana no campo do Dodro.
O equipo local en ningún momento chegou a poñer en apreto á nosa defensa que leva uns partidos amosándose moi seria, con moi poucos goles encaixados no que vai de segunda volta.
Japirro e Jorge, cun golazo dende case o medio campo, foron os autores dos tantos dos rapaces de Dani que seguen con 7 puntos de vantaxe sobre o 4º clasificado.
Toca apreta-los dentes e esperar a que chegue algún pinchazo do Ortoño.