Cómoda victoria do equipo xuvenil diante do equipo de Agolada.
Apenas pasaron os rapaces de Dani apuros para derrotar ao equipo negroamarelo nun partido no que Portillo, de tiro cruzado, e Gabo fixeron os goles por parte local.
A portería defendida por Marcos apenas si pasou perigo durante os 90 minutos e só a falla de acerto nos últimos metros impediu unha victoria máis ampla.
Visto o partido só nos queda dicir que é unha lástima que durante a primeira volta se perderan puntos ante rivais que como quedou demostrado son moi inferiores a nós...
Sporting, Ortoño e nós seguimos sen errar polo que as cousas continúan como estaban.
O próximo sábado visitamos ó Dodro nun partido con trampa e no que non deberíamos confiarnos...pois son os partidos nos que estamos a perder puntos.