Primeiros 2 puntos que se lle escapan ó equipo xuvenil no que vai de segunda volta de competición pero que aconteceu cando menos se esperaba pois o equipo de Dani conseguía unha cómoda vantaxe de 2 goles na primeira metade do partido ante o San Mamede.
Sergi, tras un rechace, e Rubén mediante un tiro que daba nun defensa e despistaba ó porteiro local, poñían o partido moi de cara pero o San Mamede empezou a apretar e conseguiu o seu primeiro gol pouco antes do descanso.
O tanto permitiu o San Mamede marchar ó vestiario con vida o que aproveitaron na segunda metade para irse arriba e acadar o empate. A partir de ahí o partido nivelouse e calquera dos 2 equipos puido levar a victoria.
Coa última victoria do Ortoño e a concesión dos 3 puntos pola Federación no partido que tiña aprazado contra o Dodro,o equipo coruñés colle 6 puntos de vantaxe todavía cun partido menos...pero hai que seguir loitando e conservar a 3ª plaza.
Callobre c.f.:Marcos, Suizo, Gabo, Esteban, Jorge, Jaco, Iván A., Portillo, Rubén, Sergi e Martín.
Tamén xogaron: Plástico, Dani, Japirro, Diego e Fita.