3 feb 2010

Cadetes.

Contundente derrota do equipo cadete diante do At. Fátima, que lle devolveu ó noso equipo a goleada da primeira volta.
Non tiveron os rapaces de Patxi e Guillermo o seu día e caeron derrotados nun partido no que a falta de tensión e de gañas pasou factura...e moita. Só durante a segunda parte puxeron algo máis de empeño pero nin así puideron facer fronte ó equipo santiagués, moito máis metido no encontro que os nosos.

Callobre c.f.: Manu, Yago, Ruben, Fabio, Berto, Javi Jaco, Brais, Xurxo, Tosar, Alex.
Tamén xogaron: Cofan, Fon, Xian, Eloy, Martin