Victoria do equipo xuvenil no encontro diante do Milladoiro (5-0).
Moi boa primeira parte dos rapaces de Dani que resolveron o partido nos primeiros 45 minutos nos que o resultado xa era claramente favorable aos nosos,4-0.
Sergio, logo dunha boa acción indiviual, Gabo, en 2 ocasións, e Martín ,de cabeza, facían os goles e deixaban o encontro sentenciado.
Durante a segunda metade baixaron os nosos a intensidade e o Milladoiro dispuxo de algunha ocasión pero foi Jacobo, nun rechace despois dun bo tiro de Dani, o que facìa o 5º e derradeiro gol.
Callobre c.f.: Marcos, Bibi, Esteban, Miguel, Rubi, Portillo, Jorge, Gabo, Yván, Martín e Sergi.
Tamén xogaron: Diego, Dani, Jaco, Danij e Iván A.