7 ene 2010

Xuvenil

Importante victoria do equipo xuvenil no partido do pasado fin de semana diante do 4º clasificado, o Viduido.

Chegaba a San Martiño o equipo visitante con gañas de dá-la sorpresa e superar ós nosos na clasificación pero os rapaces de Dani fixeron un partido moi serio no que apenas deixaron achegarse ó equipo coruñés.
Os nosos, sen crear tampouco demasiado perigo, si souperon aproveitar as súas oportunidades e Rubén, á media hora, despois de sustituir ó lesionado Suizo, poñía o 1-0 no marcador.

Destacar a presenza na convocatoria de 4 cadetes ante a falta de efectivos durante os adestramentos da semana...esperamos que sexa cousa do Nadal...

Agora toca manter a 3ª posición e esperar os erros dos que nos preceden na clasificación.

Alineación:Marcos, Esteban, Miguel, Bieito, Gabo, Jorge, Suizo, Portillo, Andorrano, Martin e Sergio
Suplentes: Ruby, Jacobo Budiño, Xurxo, Alex e David Tosar