Dolorosa derrota a sufrida polo equipo cadete na xornada do pasado fin de semana diante do Cruces.
Empezaron moi ben os rapaces de Patxi e Guillermo, con moita presión e sen apenas deixa saír ó equipo cruceño do seu campo pero o balón parece que non quere entrar durante os últimos partidos.
As cousas cambiaron pasados os primeiros 15 minutos, o Cruces estirouse e mediada a primeira parte facía o 0-1. Alex conseguia o empate antes do descanso deixando o partido igualado para a segunda metade.
Xurxo, tras un moi bo pase de Jacobo, poñia ós nosos por diante pero 2 erros defensivos, e van varios nos últimos partidos, facían que o Cruces remontase e se puxese de novo por diante. Ahí os rapaces viñeronse arriba e Alberto establecía de novo o empate a 3. Pero unha xogada embarullada que remata cun tiro espectular pola escadra de Manu levou os 3 puntos ó peto dos visitantes.
Callobre c.f.:Manu, Yago, Ruben, Berto, Fabio, Jaco, Brais, Tosar, Xurxo, Alex, Javi.
Tamen xogaron: Cofan, Fon.