20 ene 2010

Cadetes.

Caeron derrotados os cadetes no partido no que se dilucidaba o liderato.
Empezaron ben os nosos sen pasar moitos e esperando a súa oportunidade. Pero pronto as cousas se comezaron a torcer, primeiro coa lesión de Tosar ó pouco do inicio do encontro e no minuto 20 chegaba o primeiro gol local despois dun erro no despexe.
Coa chegada do descanso 2º lesionado, desta vez era Fabio o que pedía o cambio.
Sen embargo, 2 novos goles unidos á lesión do pichichi Alex poñían o encontro practicamente imposible.
Ó final 4-0 con 3 dos catro goles conseguidos a balón parado.
Toca levantarse e coller forzas para os encontros que veñen.

Callobre c.f.:Manu, Detena, Ruben, Fabio, Berto, Brais, Jaco, Tosar, Xurxo, Javi, Alex.
Tamen xogaron: Cofan, Yago, Fon, Miguel, Martin.