Catro puntos de seis posibles, ese foi o balance do noso equipo cadete nos 2 encontros disputados no fin de semana.
Comezaba o equipo de Guille e Patxi con victoria o sábad diante do Belvís que chegaba a Callobre como último clasificado e que apenas fixo fronte ó noso equipo.
Xurxo, con 3 tantos, Alex, Tosar e Rubén foron os goleadores nun partido sen moita historia na que a base de equipo visitante eran xogadores todavía en idade infantil.
Alineación: Fabio, Yago, Xian, Alberto, Miguel, Brais, Jaco, Javi, Alex, Xurxo, Calvix.
Tamén xogaron: Tosar, Eloy, Diego, Fon.
E onte tocaba o turno do derbi en Figueroa. Non tiveron os nosos un bo día e só no último minuto conseguían empatar para así levar polo menos un punto.
Saíron os nosos moi durmidos, a diferencia do que normamente ocorre cando nos primeiros 15 minutos encerran ós rivais na súa área, e sen moitas gañas, xusto o contrario que os rapaces do Sporting que loitaban cada balón como se fora o último.
E a actitude do Sporting tivo premio conseguindo adiantarse no marcador.
Ademáis malas noticias coas lesións de Detena e do pichici Alex. Pero na última xogada, un remate de Tosar tras un saque de falta de Jacobo poñia as táboas no marcador.
Destacar o partido de Alberto que despois da operación comeza a mostrarse como peza básica do equipo.
Alineación: Manu, Detena, Ruben, Alberto, Fabio, Brais, Javi, Jaco, Tosar, Xurxo, Alex.
Tamén xogaron: Yago, Cofan, Eloy.