Gran victoria a conseguida polo equipo cadete diante do, ata entón líder, San Marcos.
Coma en case tódalas ocasións, os rapaces de Guille e Patxi saíron fortes e concentrados, sen conceder oportunidades ó rival e tratando de conseguir vantaxe nos primeiros minutos.
Así Alex, que se está amosando coma a gran revelación da tempada, facía o primeiro e inmediatamente despois o 2º poñendo ós nosos nun situación moi ventaxosa.
Pero igual que decimos que saímos moi fortes en case tódolos encontros, chegados os 30 minutos entramos nunha pequena páxara...Esto foi aproveitado polo San Marcos para conseguir achegarse no marcador e posteriormente empatar o encontro.
Trasncurría o partido con ocasións moi claras para ambos equipos pero de novo Alex, sempre Alex, poñía o 3º e metía os nosos na loita polos postos altos.
Alineacion:Manu, Detena, Ruben, Fabio, Alberto, Jaco, Brais, Javi, Tosar, Xurxo, Alex.
Tamen xogaron: Yago, Cofan.