Moitas novidades no equipo benxamín que estarán adestrados por Pacheco que xa comezaron os adestramentos e que xogarán mañán o seu primeiro amistoso.
Un total de 16 rapaces dos que só 3 son de último ano e no que o resto de xogadores terán o seu primeiro contacto con fútbol 7 despois de competir en fútbol sala cos prebenxamíns no curso pasado.
E nestas categorías, no que o corpo xoga un papel tan importante, tocará aprender durante toda a tempada e divertirse...que diso se trata.