Primeiro partido de liga para no noso equipo xuvenil que sumou o seu primeiro punto diante do Ortoño.
Empezaron ben as cousas, 2 tantos de Rubén e Jorge na primeira media hora, daba vantaxe ós rapaces de Dani pero o Ortoño, despois de avisar cun tiro ó longueiro, recortaba distancias e poñía o 2-1 xusto antes do descanso.
Na segunda metade, cos nosos bastante durmidos, chegaba o empate. Coa expulsión do seu dianteiro centro fixémonos outra vez co encontro. Sergi puido dar vantaxe nun man a man co porteiro pero foi o Ortoño o que nun saque de corner se adiantaba de novo.Finalmente Esteban, de falta directa, poñia as táboas no marcador.
Callobre c.f.: Marcos, Suizo, Esteban, Bibi, Porti, Rubén, Jorge, Jaco, Yván, Martín e Sergi.
Tamén xogaron: Iván, Juan, Fita, Diego e Plástico.