Arrancou tamén a pretempada para o equipo infantil que troca tamén de adestrador, pasando Dani ó equipo xuvenil e facéndose cargo deste grupo Moncho.
Os rapaces de 2º ano terán que botar unha man ós que veñen de alevíns que terán o seu primeiro contacto co campo grande...
Pero, non temos dúbidas de que será un bo ano, hai un gran grupo e algún diamante por pulir.
Así que a seguir adestrando e mellorando pouco a pouco.