Tamén botou a andar o equipo cadete que prepara a súa volta a 2ª Autonómica con ánimos renovados.
Serán Pachi e Guillermo, na súa primeira experiencia en fútbol 11, os encargados de levar a batuta dun equipo que conta con varios reforzos e que ven de golear a domicilio ó San Marcos no seu partido amigable do fin de semana (2-5).
Espera unha dura competición, con equipos bastantes fortes no noso grupo, pero que a ben seguro nos darán moitas alegrías este ano.
A primeira xornada de liga, a disputar o 4 de Outubro, traerá a San Martiño ó San Pedro como primeiro rival.
Mentres tanto, toca seguir adestrando...