4 may 2009

Cadetes. 1ª Autonómica.

Derrota dos cadetes diante do líder e, despois do partido do Venres, campión do grupo: Calo.
Fixeron os nosos unha primeira parte moi seria, ben cerrados atrás e apenas concedendo ocasións. Só por medio de xogadas individuais o equipo coruñés era quen de poñer en perigo a porta de Manu.
Pero como leva acontecendo durante toda a tempada, un erro no último minuto da primeira parte permitiu ó Calo poñerse por diante.
O gol e o cansancio pasaron factura e na segunda parte os locais si demostraron o porque da súa superioridade durante toda a Liga.(5-0)

Callobre c.f:Manu, David, Manu P., Diego, Adrián, Jacobo, Xurxo, Kike, Toño, Cabalar e Fita.
Tamén xogou: Iago.