Caeu derrotado o equipo xuvenil diante do Milladoiro no partido correspondente á xornada aprazada polo temporal.
Mal comezaron as cousas cando no minuto 10 xa perdiamos por 2-0 cun gol en propia porta e con outro no que os nosos pediron fora de xogo.Pero os rapaces non se amilanaron e conseguiron empatar en 25 minutos de moita presión na que o Milladoiro non conseguía apenas saír do seu campo(goles de Sergi e Martín).
Na segunda metade as forzas seguían igualadas con 2 ocasións clarísimas para ambos equipos, Martín, a porta vacía, e Rubén non acertaron mentres Marcos detía os mans a mans co seu dianteiro centro, moi rápido e sempre bordeando o fora de xogo.
O partido quentouse nos minutos finais con 2 expulsados para o Milladoiro e Jorge por parte dos nosos, que viron como nunha contra co tempo cumplido, e de novo pedindo fora de xogo, o equipo local aproveitaba para levarse os 3 puntos.
Callobre c.f.: Marcos, Suizo, Jorge, Kike, Bibi, Esteban, Juan, Yván, Rubén, Martín e Sergi.
Tamén xogaron: Japirro, Fran, Miguel e Plástico.