2 abr 2009

Cadetes. 1ª Autonómica

Nova derrota do equipo cadete diante do Abanqueiro que aproveitou o falta de xogadores dos nosos para golear na segunda metade.

Durante a primeira metade as forzas estiveron igualadas con ocasións para os dous equipos pero unha contra tras unha falta a favor dos rapaces de Pacheco dou vantaxe ós coruñeses.0-1 no descanso.

A lesión de Alex nada máis comezar a segunda metade e o feito de non contar cambios fixo imposible aguantar as embestidas do equipo de Boiro.(0-5)

Callobre c.f.:Manu, Manu P., Diego, Jacobo, David, Xurxo, Alex, Cabalar, Toño, Fita e Javi.