Fin de semana maratoniano para os Alevíns “A”. Empezamos o sábado disputando aquela xornada atrasada. Enfrente o Bandeira ó que se lle gana con un contundente 8 a 1 con 4 goles de José, 3 de Rafa e 1 de Xián. Malia o abultado do resultado final os nosos fixeron un partido moi malo e quizás non merecedores de tanto premio.
O domingo xógase a xornada final, enfrente o Cruces “B” (un equipazo para ser un “B”). Partido de ensueño disputado polos dous equipos que nos fixo disfrutar moito ós que a Callobre asistimos, quedando o resultado final en 2 a 2 con sendos goles de José. Non vamos a destacar a ningún en rapaz en concreto sinon ós 10 nenos pola súa entrega e a súa valentía á hora acometer o partido.
Ahora que a liga finalizou, dende aquí non queda máis que darlle a todos os nenos unha gran felicitación polo seu comportamento, por saber estar no momento das derrotas, derrotas que nunca os desanimaron e que si lle deron as forzas suficientes e o afán de superación necesario hasta chegar á senda dos triunfos, creando entre eles un gran grupo de amigos que oxalá se prolongue perante moitos anos.
Facer tamén extensible esta felicitación ó noso adestrador Victor que, co seu traballo en silencio e con un grupo de rapaces novos ós que non conocía (algúns deles que nunca xogarán ó futbol de competición), tivo moito que ver no resurgir do equipo levando éste á senda da ilusión e dos triunfos, pero por encima de todo o gran ambiente e grupo que fixo cos rapaces. Para el a nosa enhorabuena.
E como non, gracias tamén ás nais, pais, irmáns, etc pola súa paciencia e o seu traballo desinteresado que fixo que os nosos fillos disfrutaran deportivamente perante todos estos meses.
Gracias a todos, pois con esto o que se consigue é unha gran familia: a do CALLOBRE C.F.