29 mar 2009

Benxamín F-7

Callobre C.F. (6) (Champi (4),David e Nacho)- E.D. Val do Ulla (2)

A mellor imaxe da tempada dounola onte o equipo Benxamín,sobre todo na primeira mitade.Salida en tromba dos rapaces de GUILLERMO,que coa axuda,tamén hai que decilo,do aire a favor,meteron o Val do ulla na súa área e no primeiro cuarto de hora xa ganaban 4-0 con goles de DAVID,NACHO e dous de CHAMPI.Pouco antes do descanso chegaba o primeiro deles e remataba así 4-1 a primeira mitade.A segunda parte estivo máis igualada pero con máis pegada dos nosos que nada máis comenzar CHAMPI anotaba o quinto.
Nunha contra moi ben levada por eles acortaban distancia poñendo un 5-2 que parecía que os de Sta. Cruz se iban para arriba,pero pouco antes do final novamente CHAMPI anotaba o sexto para dar remate o encontro.

CALLOBRE C.F.:Rubén,Miguel,Cris,Martín,David,Manu(c),Champi,Nacho,Xavi,Alex e Trigo.