23 mar 2009

Alevin "A". Fútbol 7

Partido moi entretido o disputado entre dous equipos que malia o resultado definitivo están bastante parellos. Empezou dominando o partido o Melide nos primeiros intres para a partir de ahí pasar os nosos a dominar a situación e crear varias ocasións de gol que non se materializaron, rematando esta primeira metade co 0 a 0 inicial.
A segunda metade foi de dominio alterno marcando 3 goles prácticamente consecutivos o Melide que fixo que os nosos se viñeran algo abaixo, para nos intres finais conseguir un gol por medio de José o que lles da ós rapaces algo de aire tendo outra ocasión clara de gol que non se materializou quedando polo tanto o 3 a 1 definitivo a prol dos locais.
Como anécdota da xornada contar que na primeira metade cando un balón saía fora do campo automáticamente outro aparecía na man dos rapaces, pero a partir do primeiro gol marcado por eles, inexplicablemente todos eses balóns desapareceron da circulación terminando o partido con un soio balón o que fixo que se ralentizara moito o partido cando este ia fora (que eran moitas veces).
Tamén remarcar as múltiples patadas que recibiron tanto Rafa como José, patadas dadas ainda estando o balón xogándose a veces a vinte metros dos nosos rapaces en cuestión.

ALINEACIÓN: ADRIAN, DANI, DAVID, RAFA, XIAN, ESTELA, ALVARO, JOSE IAGO E MANU