9 mar 2009

Alevín. Callobre "A".

Voltou o equipo “A” á senda da victoria. Nesta vez foi ante o Lalín “C”, un equipo que nada ten que ver con aquel Lalín que alá polo mes de decembro se lle ganara en Callobre contundentemente, sendo este agora un equipo moi correoso e no cal se aprecia unha clara melloría. Rafa, con unha gran xogada personal abre o marcador. A partir de ahí os nosos foron controlando o partido ata finalizar a primeira metade con 1 a 0. Na segunda metade o partido estivo máis aberto, tendo claras ocasións de gol os dous equipos sendo os nosos que por medio de Rafa outra vez e José conseguiron poñer no marcador o 3 a 1 definitivo. Destacar a todos outra vez en xeral, pero desta volta ó noso porteiro Adrián que, con paradas claves, foi parte do éxito desta xornada.

ALINEACIÓN: ADRIAN, DANI, DAVID, ALVARO, RAFA, XIAN, ESTELA, JOSE E MANU