O equipo xuvenil sumou unha nova derrota desta vez diante do Ortoño que aproveitou a calidade do seu dianteiro para levarse o encontro nos últimos 25 minutos.
Comezaron ben os nosos cun gol de Sergi tras unha boa xogada con tiro ó pao de Portillo. Pero pouco durou a alegría pois os coruñeses conseguían a continuación o empate que ademáis supuxo a lesión de Jorge. O resto da primeira parte foi moi igualada e así se chegou ó descanso.
Empezamos mandando na segunda metade e Yván conseguía poñernos de novo en vantaxe pero no último tercio do encontro o Ortoño soubo aproveitar as súas oportunidades e darlle a volta ó resultado para acabar gañando por 2-4.
Ademáis da derrota continúa a plaga de lesións: Jorge, Tito, Adrián acabaron o partido mancados e Miguel non puido nin quentar.
Callobre c.f.: Martín, Bibi, Kike, Jorge, Tito, Esteban, Juan, Portillo, Xoan, Yván e Sergi
Tamén xogaron: Adrián, Fran, Japi e Plástico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario