O equipo cadete perdeu nunha nova xornada de liga desta vez diante do Recesende no que un gol no último minuto da primeira metade fixo moito dano os nosos rapaces.
Ata ese momento o partido transcurrira sen dificultades, o Recesende non era quen de achegarse salvo a balón parado e os nosos dispuxeron de algunha ocasión, a máis clara un cabezazo de Javi T. que saiu fóra por moi pouco. E cando parecía que se ía a chegar ó descanso co empate o equipo local conseguía, despoís dun saque de banda, poñerse por diante e dar un bo golpe ós nosos.
Na segunda metade os primeiros 20 minutos foron nosos, sen moito xogo pero con moitas gañas, sen embargo, as ocasións non aparecían e as forzas desaparecían, polo que en 3 minutos fatídicos o Recesende aproveitar para sentenciar a pesar de non ser, nin moito menos, mellor equipo que nós.
Kike, de penaltie, conseguía o definitivo 3-1.
A mala nova da xornada foi o golpe recibido por Pablo na cabeza que o deixou bastante aturdido e cun bo susto para a xente que alí se atopaba pero que só quedou ahí.
Callobre c.f.: Manu, Manu P., Adrián, Diego, Pablo; Alex, Kike, Toño, Xurxo; David e Javi T.
Tamén xogaron: Fita, Jacobo e Javi C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario