10 dic 2008

Cadetes. 1ª Autonómica

Merecida victoria do Sporting Estrada diante dos nosos cadetes que non puideron facer fronte o conxunto adestrado por Botana en ningún momento.
Un gol de córner ós 5 minutos, unha indecisión da defensa e de Manu e un gol en propia porta fixo que o partido se convertira nun monólogo local.Só un tiro lonxano de Adrián e as xogadas a balón parado puxeron en problemas o equipo local. 4-0 ó descanso e os nosos a aguantar o temporal...
A destacada actuación de Manu na segunda metade fixo que o resultado non se movese ata o minuto 35. Ó final media ducia de goles que non debe desanimar ós nosos, que pelexan por cousas distintas que os nosos veciños.
Por certo un equipazo o Sporting.

Callobre c.f.: Manu, Adrián, Jacobo, Pablo, Kike, Xurxo, Toño, Fita, David e Javi T.

Tamén xogaron: Javi C. e Alex.

No hay comentarios:

Publicar un comentario