14 dic 2008

Alevíns:Silleda "A" (6) - Callobre "B" (1)

Neve,frío e auga.
Aínda que o resultado parece claro non foi así polo menos na primeira parte.
Tan pronto empezóu o partido aparece a neve e incluso granizo.Marcan os do Silleda dous golos moi pronto,pero os nosos sacaron peito e chegaron varias veces con peligro a meta do porteiro do Silleda que fixo unhas grandes intervencións salvando o se equipo de varios goles claros ademáis de unha falta o largeiro lanzada polo Callobre.
Despóis de un acoso forte do Callobre marca o Silleda o terceiro,e rematando a primeira parte marca o Callobre deixando para a segunda parte unha posible remontada.
Non pudo ser,porque Sergio o noso porteiro non pudo salir xa que tiña as mans conxeladas e non houbo maneira de recuperalo.Moitos pais comentaban xa na primeira parte de darlles o partido por ganado o Silleda,pero continuouse aínda que varios xogadores tiveron que sair do campo por non dar aguantado o frío.
Na segunda parte saéu na portería Alex Gañete e non podo comentar máis porque tiven que atender o noso porteiro e metelo na ducha.
Para mín sobresaínte para todos os do Callobre que mostraron moi boa actitude e entrega no campo.
Os dous porteiros fixeron unha moi boa primeira parte tanto Sergio coma o do Silleda,este último paróulle un penalti a Alex Rivadulla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario