21 dic 2008

Alevíns:San Mamed (4) - Callobre "B" (8)

Último partido deste ano e da primeira volta onde o Callobre "B" cumplíu os seus obxectivos rematando na mitade da táboa.
Do partido de hoxe:Campo todo blanco de xiada,frío non tanto como o fin de semana pasado,terreo de xogo moi rápido e dous equipos bastante parexos.
Así foi.Adiantouse o Callobre moi rápido cun gol de Alex Rivadulla que hoxe estaba inspirado.Seguíu o Callobre dominando e pronto caeu o segundo,tamén do mesmo.Remata a primeira parte e todo parecía moi doado para o Callobre que tivo moitas ocasións de gol e o San Mamed non creaba moito peligro.
Na segunda parte partido emocionante,de variacións no marcador e de alta tensión nos aficionados.O San Mamed marca o primeiro moi pronto en claro fora de xogo,o segundo de unha gran falta pola escuadra,aínda que Sergio chegóu a tocala e chocando contra o poste quedando algo tocado,e rápido o terceiro dunha boa vaselina cruzada que Sergio aínda algo tocado miróu pa ela.Despóis desto parece que os rapaces de Pachi espabilaron e déronlle a volta o marcador do 3-2 ó 3-8 en un plis-plas.Goles de Martín de cabeza,Lexis,dous máis de Alex Rivadulla e dous golazos de Pedro desde moi lexos.Por último un penalti do San Mamed puxo o definitivo 4-8.
Ahora a descansar,seguir entrenando e cargar as pilas para o 11 de enero recibir o Cruces "B" e dar algunha sorpresa na segunda volta para subir algún posto na clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario