1 dic 2008

Alevín. Callobre "A".

Mala primeira parte a xogada polos nosos baixo unha intensa choiva e frío.
Empezou adiantándose o Sporting para ós poucos minutos empatar os nosos por medio de Rafa.
Na segunda metade, unha vez que Víctor os arengou no vestiario, a decoración cambiou e os nosos pasaron a dominar totalmente a situación e tendo ó contrario completamente controlado. Fruto de este dominio chegaron tres goles máis obras de José para deixar sentenciado o partido.
Remarcar que aínda poideron ser máis, pero por un lado o acerto do porteiro local e por outro o desacerto dos nosos fixo que o resultado final non fose máis abultado.

Callobre c.f.: Adrián, Manu, David, Dani, Estela, Xián, José e Rafa.
Goles: Rafa e José(3).

No hay comentarios:

Publicar un comentario