Como unha apisonadora pasou o Villestro polo campo de San Martiño que levou con todo merecimento os 3 puntos de Callobre.
En 8 minutos os coruñeses xa meteran 3 goles e nada puido facer o noso equipo ante a avalancha do contrario que marcou de tódalas formas posibles, a salientar un golazo de falta desde 30 metros, máis propio da televisión...
Sen dúbida un dos mellores equipos que pasou por Callobre nos últimos anos.
De todas formas, os rapaces de Pacheco non baixaron a cabeza en ningún momento, algo que nestos momentos he de agradecer.
Tranquilos rapaces virán tempos mellores.Ánimo!
Callobre c.f.: Manu C., Diego, Adrián, Jacobo, Toño, Kike, Fita, Xurxo, Javi C., Javi T. e David T.
Tamén xogaron: Alex, Ricoy e Iago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario