Despois de máis de un mes de preparación, comeza o sábado a tempada para o equipo xuvenil.
Moitas son as novedades que presenta o equipo, con Neira e Pacheco ó fronte, que tentará acabar o máis arriba posible. Para isto hai unha plantilla de 24 xogadores que porá, sen dúbida, as cousas difíciles ós entrenadores.
Porteros: Martín D. e Marcos.
Defensas: Suizo, Aaron, Miguel, Jorge, Tito, Bibi, Chimpa e Adrián (que veñen do Sporting de cadetes).
Medios: Rubén, Xoan, Kike, Juan, Fran, Esteban, Portillo, Rubén II e Mario (tamén procedente do Sporting)
Dianteiros: Sergi, Pachuli, Japirro, Yván e Martín.
Os nosos quedaron encadrados nun novo grupo de 13 equipos, a maior parte da zona de Santiago- Padrón. Agora tócalle a eles facelo o mellor posible e seguir divertíndose, que é, principalmente, do que se trata.
Moita Sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario