Comezou a tempada para o equipo cadete que na tarde do sábado daba boa conta do seu primeiro rival, o At. Melide.
Despois das dúbidas que xeneraran os partidos preparatorios, os rapaces mostraron a súa mellor cara e conseguiron a súa primeira victoria por un claro 6-1.
O partido comezou, sen embargo, con 2 ocasións para o equipo visitante pero os nosos souberon repoñerse e no minuto 30 xa mandaban por 4-0. O Melide aproveitou unha contra para marcar o seu gol pouco antes do remate da primeira parte, xusto despois de que os rapaces de Pacheco e Neira tiveran unha nova ocasión despois de unha gran xogada de todo o equipo..
Dous novos goles na segunda metade acabaron coas ilusións dos melidenses.
A mala nova veu co corte sufrido por Javi T. que tivo que retirarse do terreo de xogo e que recibiu 6 puntos nun dos seus xeonllos. Espermos que poida estar listo para o próximo fin de semana no encontro diante do La Salle, un dos claros favoritos a alzarse co título ligueiro e de ingrato recordo polo ocurrido o ano pasado.
Callobre C.F.: Manu C., Manu, Adrían, Diego, Pablo, Kike, Toño, Fita, Xurxo, David e Javi T.
Tamén xogaron: Jacobo, Javi C., Iago e Alex.
Goles: Javi T.(2), Toño, Kike, Manu e David.
que grandes!
ResponderEliminar